top of page

Para falar dos orixes de Meigha temos que remontarnos ata a mediados do 2007, na disolución de SDE (Salida de Emergencia), grupo de rock contundente, afincado en Vilagarcía de Arousa e que tivemos certa repercusión na nosa zona durante o tempo que estivemos en activo; en SDE tivemos varios cambios de formación, e no 2007 entra Pako a batería (viña de Ardegan), eso fai que os outros tres membros que quedabamos xunto con el, Patty (Voz), Josse (Guitarra Rítmico)  e Fran (Guitarra Solista), decidamos poñer un punto e final ao grupo para dar comezo a un novo proxecto, con novas ideas e ilusións , orientado a outro estilo musical …. Naceu Meigha!! un grupo no que os seus integrantes pretendemos mostrar a través da música que mais nos gusta, o Heavy Metal, esas historias, lendas e mesmo feitos reais acontecidos o longo da historia na nosa terra, Galiza. Tomámonos o noso tempo en preparar ben todo o proxecto, buscar historias, lendas, ler moitos libros, por internet, ensaios, etc etc para ir escribindo esas cancións que a dia de hoxe forman xa parte do noso repertorio ata achegarnos o 2009.

Coma tódolos grupos, tivemos os nosos cambios de formación , ben, mais que cambios, a procura  de membros estables que compartisen mesmos  gustos e  ganas, comezamos polo baixista que ata o momento non atoparamos. Fomos probando  algún, Coco da Illa de Arousa, Xesús de Compostela, pero ninguén acababa de cadrar no estilo musical, mentres tanto, Fran ten que abandonar por motivos persoais, entón  xuntásenos atopar tamén un guitarra solista.Temos que recalcar, que Fran nunca abandonou Meigha , pois a dia de hoxe sigue sendo a persoa que mellor entende o grupo, sabe o que queremos e faise responsable do noso son nos traballos que temos editados ata a data, sendo el o técnico de gravación no mini estudio que o grupo temos instalado no local de ensaio.Probamos a diferentes guitarras solistas , e aparece Matias, guitarra de Galegoz, que aporta novas ideas e algún que outro solo para o primeiro traballo do grupo, “O Son da Terra” (2009), de onde  sae a destacar o noso tema de oito minutos “A revolta dos irmandiños”. Pero o pouco ten que abandonar e marchar para Inglaterra en busca de traballo, sendo substituído o cabo  dun tempo por Vinnie, guitarrista de Compostela, o cal adaptase moi ben o resto, e xunto a axuda desinteresada de Manu, baixista de Darvulia (Grupo Heavy de Vilagarcía), comeza a composición definitiva dun set list que nos leva a actuar por primeira vez no Carpe Diem de Touro (marzo de 2010), e facer outros dous concertos mais de presentación da banda e do noso primeiro traballo. Grazas a estes concertos, aparécenos un baixista, Tony, que ofrecese a probar con nos e pasa a formar parte do grupo,  agradecidos a Manu polo gran favor que nos fixo dámoslle entrada a Tony cun concerto en Vilanova de Arousa de mais de dúas horas e media para inauguración dunha sala. A tónica destes catro concertos e sorprendente para nos, a gran conexión que tivemos co publico, gustando a xente que nos veu, e gustándonos a nos mesmos, que xa e difícil.

Despois de esa etapa, Vinnie ten que deixar o grupo tamén por razóns laborais e marchar cara as vascongadas, xustamente cando a formación estaba xa formada e todo comezaba  a funcionar, así que non quedou outra que empezar ca búsqueda dun guitarra solista de novo, tarefa complicada, non pola escaseza de guitarristas,senon porque que buscábamos “a persoa” mais que “o guitarrista”, alguén, que ao igual que o resto, tivera moi claro que este proxecto e un hobby, algo que facemos por gusto, e sen el, nada tería sentido, alguén que supera que ca gran crise na industria musical que hai actualmente, as estrelas do rock xa foron fugaces, e que en Meigha o que queremos e gozar facendo cada dia o que mais nos gusta, boa música e temáticas que nos digan algo. Entretanto, Patty e Josse, teñen a súa primeira filla, Aldara, que inspirara una das cancións da banda, i e cando aparece Myr, guitarrista de Pontevedra (outubro de 2011), cunha diferenza de idade respecto o resto duns 15 anos de media, un guitarrista que entende a perfección a filosofía de Meigha e chega xusto a tempo para inmortalizar algúns dos solos do segundo traballo de Meigha “Segredos e Lendas” de 2012, pois Fran xa gravara  algúns.

A entrada de Myr aporta a banda frescura e enerxía, e ganas de facer cousas que florezan de novo (pois tanto buscar xente tíñanos un pouco desesperados) e comeza a etapa mais activa de Meigha en toda a súa historia, o 2012, o ano que todo íase a acabar, o grupo quixemos aportar o noso grao de area para irnos o mais ala da mellor maneira posible, facendo durante o ano 13 concertos por toda la xeografía galega, presentándonos a tódolos concursos que atopabamos, indo a radio Galega ata en dúas ocasións a promocionarnos, aparecendo nas tv locais de Galiza no programa Veran Veran, con comentarios en varios periódicos da zona, gravación do videoclip de “O Pirata Drake”, contando a historia de María Pita salvando a cidade da Coruña dos piratas, etc etc ; así pois, un 2012 moi moi intenso, que rematou co concerto fin da xira presentación de Segredos e Lendas, en Febreiro de 2013 no TNT de Santiago, onde xa sabido polo resto do grupo dende facía seis meses , pero non por tódolos seguidores, Patty e Josse anuncian publicamente o embarazo da súa segunda filla e polo tanto, o grupo vai tomarse un descanso.

 Despois de 4 ou 5 meses de descanso, e a partir de setembro de 2013, lanzamos un novo tema pra dicir que aquí estamos, “Bandoleira”, un tema basado na vida de Pepa a Loba, famosa bandoleira de finais do século XIX e principios do XX, retómanse os ensaios para empezar una nova etapa na historia da banda. Cambiamos o local de ensaio a Marin  e empezamos a compoñer o que será o novo traballo de Meigha, sen presas, pois sabemos que non as hai, leve o que leve … Esta vez non so queremos sorprender os nosos seguidores, senón que imos a sorprendernos nos mesmos co novo proxecto faraónico no que queremos embarcarnos e arriscarnos a facer.

Con todo isto, seguimos o pe do canon os cinco mesmos membros dende outubro de 2011 e esperamos seguir así, pois o mais difícil non e montar un proxecto, senón en facer dia a dia, que os que o compoñen, sigan tendo ganas e ilusión por seguir innovando, un saúdo, apertas e dende o mais profundo de noso “Metal Heart”:  arriba eses cornos!!!!!!

BIOGRAFIA

meigha grupo heavy metal galicia
meigha grupo heavy metal galicia
meigha grupo heavy metal galicia
meigha grupo heavy metal galicia
meigha grupo heavy metal galicia
meigha grupo heavy metal galicia

Agradecementos:

Pinchando en cada unha das fotos dos membros do grupo ou ben no seu nome no boton, poderas ver o historial de cada un deles.               

bottom of page