


PAKO (BATERIA)


Batería procedente de Marín con domicilio en Pontevedra.
Teño dous tatoos no brazo dereito, o tridente tribal do símbolo dos Judas rodeado de fume e caveiras e unha telaraña no codo dereito. Tamén gústanme os piercings, pois teño mais dun nas orellas.
Horoscopo: Saxitario
Cores favoritos:
Negro e azul claro
Encántame:
Estudar técnicas de batería e compoñer as baterías de Meigha. Ir os concertos dos meus grupos preferidos e gozar dos momentos de relax da mellor maneira posible.
Método de quecemento:
Trato de quentar brazos, xemelos, xeonllos, lombo, e por suposto, mans e antebrazos.
Non teño un método en concreto.
Método a hora de ensaiar con Meigha:
Trato de facer unha base rítmica acorde co tema, adornando o suficiente sen esquecer que o meu cometido e manter o groove e levar os demais por bo camiño, e sobretodo, un bo Tempo.
Traxectoria musical:
Empecei en Ardegan (heavy metal, Moraña) dende mediados do 1999 ata principios do 2003, aínda que xa levaba un tempo tocando en solitario no meu propio local. Dende o 2003 ata finais do 2005 traballei no mundo das Orquestras, e coma todo, ten cousas boas, e non tan boas. Entrei en SDE no 2007, que en breve deixaría de existir para saída e nacemento de Meigha, ata o dia de hoxe.
Influencias:
Sinto unha gran admiración e influencia polo Thrash Metal, sendo Ventor de Kreator un dos meus mais claros referentes, pero gústame dende o heavy clásico, pasando polo mais moderno, Death e incluso algo de Black Metal tamén... son fan acerrimo e incorruptible d IRON MAIDEN e para min esta banda esta por enrriba de todas e son uns dos culpables de que hoxe sexa baterista y metalhead! Escoiteinos por vez primeira no 89 e a dia de hoxe e cada ano que pasa sigos cega e devotamente, tamen porque nunca me han defraudado, tanto nos directos como nos albums, up the irons!
Tódolos grupos e bateristas os que admiro, son unha influencia para min.
A miña manía mais maniática... prestar o meu intrumemto, ou tocar en outro que non sexa o meu.
Pako usa:
Batería Pearl Masterworks (feita a medida e customizada)
Ferraxes e pedais Pearl.
Platos Zildjian (A Custom e Avedis A)
Tamén dispoño dunha Pearl Session Custom.