


JOSSE (GUITARRA)
Josse usa:
Guitarra ESP Eclipse con pastillas EMG activas
Guitarra Ibanez Rg
Amplificador Peavey Triple X
Efectos Zoom
Puas Dunlop calibre 88
Guitarrista procedente de Barcelona e afincado en Vilagarcía de Arousa dende o 2002, veño sendo membro fundador do grupo xunto a Patty e Pako e son o único que non e galego de nacemento, senón de adopción.
Horoscopo: Leo
Cores Favoritas:
Vermello, branco e negro.
Encántame:
Perderme tamén, pero nun lugar lonxe de todo, xunto a miña parella e amiga Patty, mais as nosas fillas, Aldara e Ariadna. tamén leer e investigar cousas por internet pra futuras letras de cancións de Meigha, en definitiva, gústame estar cos meus, familia, amigos etc, nun ambiente de paz e armonia.
Método de Traballo para ensaiar:
Pois a verdade e que non sigo ningún método en concreto, si que hai cousas que fago por antonomasia e tal, como por exemplo, facer algún tipo de estiramento de mans, dedos, brazos, etc antes de poñerme a afinar, que sempre e o primeiro que fago, despois algunha pentatónica parriba e pabaixo e comezo a ritmear un pouco sen pes nin cabeza ata que estou listo pra empezar a ensaiar de verdade.
Método de traballo como guitarrista/compositor:
Pois e algo que surxe, non sempre, as veces mellor, outras non tanto, pero normalmente o estar solo, despois de exercitar e esas cousas e o levar un rato, e cando empezo a compoñer cousas, primeiro sae un riff, e doulle voltas e voltas ata que queda suficientemente potente como pra que me guste, a partir de ahi, sigue o tema adiante, con outros riff etc etc ... moitas veces vou levando algún tipo de melodía vocal na cabeza e iso axúdame moito a seguir ca creación da estructura musical, e si teño cerca a Patty, a verdade, e que axúdame moito a matizar e rematar os temas.
Traxectoria Persoal/musical:
Cando aínda era un “pimpollin” montamos a primeira banda catro amigos da infancia, os “heavys da clase”, chamavamosnos A Lista Negra, nunca chegaramos a nada, pero foi o punto de partida de algo que a dia de hoxe sigue sendo moi importante na miña vida, a musica!. Despois de aquela experiencia, pasei un tempo tocando cun batería, moi bo, por certo, pero a falta de non encontrar a ninguén mais, a cousa quedou no esquecemento, e pouco mais adiante montamos uns amigos outro proxecto, The Punisher, banda de heavy clásico, que chegamos a facer varios temas, pero nunca un directo. A todo isto, collín as maletas e trasladeime os pirineos a vivir/traballar levándome a miña guitarra (a primeira que aínda conservo) e como o mal sempre anda por dentro, enseguida busquei xente e montamos outro proxecto, esta vez mais Rock-Protesta que heavy, pero con moitas ganas, No Retornables foi o nome do grupo, estivemos moi a punto de dar un concerto, pero causas diversas fixeron que nunca se levara a cabo, e abandono a banda pra facer outro tipo de cousas e encontro un batería co que empezamos a ensaiar no remolque frigorífico dun camión, D’Trankis foi o nome que nos puxemos, e ahi cando aparece por primeira vez Patty, una rapaza galega que estaba por ala de vacacións visitando familiares, sorpréndenos a súa voz, e sen ensaiar nin nada, damos o noso primeiro concerto os tres solos na festa aniversario dun pub, A Grada, de Arties (Val d’Aran), ese pódese considerar a primeira vez que tocamos diante de xente Patty mais eu xuntos aproximadamente seria en agosto, setembro do 1998. De ahi, empeza a coller forma SDE (salida de emergencia), grupo mais consolidado como tal, con catro membros con ganas de facer cancións e tocalas en directo, o AranRock 2000 foi o punto de partida de SDE, que un ano mais tarde, ofrecería o seu segundo concerto no Pub Sayonara de Gava (Barcelona) como despedida, pois Patty mais eu, decidimos trasladarnos a Galicia a probar mais sorte co proxecto, aquí sigue SDE uns anos con distinta formación e chegamos a facer varios concertos pola zona, entrevistas, radio, tv, etc etc, pero o final o proxecto terminouse, entrando a formar parte do grupo Pako, e ahi, cando SDE se transforma en Meigha (durante o 2007) e ata agora, desexando que este proxecto tarde moito en terminar (porque sabemos que todo termina) pois actualmente sabemos que de isto non imos a vivir, e iso fai que disfrutemos moito mais de o que facemos, porque e unha paixón, por que gústanos e queremos seguir tendo esta marabillosa virtude de seguir creando musica pra os anais da eternidade. Decir tamen que cando naceu Meigha, no 2007 e ata mediados do 2008, compaxinei a miña labor como guitarra ritmico tanto en Meigha como en Darvulia, un grupo de Heavy Metal de Vilagarcia, con un amplio repertorio de temas e algun concerto pola zona, pero o final, a presion de estar nas duas bandas a vez e compaxinalo ca miña vida persoal, fixo que tivera que sacrificar a una delas moi o meu pesar, pois nas duas sentiame a gusto, decantandome loxicamente polo proxecto que tanto Pako, Patty, Fran mais eu habiamos dado comezo.
Influencias Musicais:
Dende moi pequeno ata o dia de hoxe, son un fiel seguidor do Heavy Metal clásico dos 70 e 80’s, aínda que nunca cerreime a escoitar as novas tendencias, e podo escoitar tamén metal mais moderno, rock, alternativo, etc . En definitiva, a musica e musica sempre e cando a fagan persoas cos seus talentos (así o penso eu) dáme un pouco igual o estilo a o que pertenza si a o escoitala faime sentir algo. Judas Priest, Iron Maiden, Accept, Barricada, Hamlet, Arch Enemy, Dio, Deep Purple, e moitos moitos mais, son algúns dos grupos cos que mais me identifico.
Como curiosidade, dicir que gústanme os tatoos, levando soamente un tatoo na perna dereita co logo en tribal do tridente dos Judas, como representación do importante que e para min o Heavy Metal.
Así que si chegaches ata aquí lendo isto, moitas grazas pola túa paciencia e vémonos nos concertos, Heavy Metal e arriba eses cornos!!!


