


TONY (BAIXISTA)


Tony usa:
Bajo Cort
Amplificador Beringuer AX 300
Efectos Zoom
Baixista procedente de Vilagarcía de Arousa.
Cores favoritas: Negro, vermello, azul e verde.
Horóscopo: Virgo
Encántame:
Compoñer as miñas propias cancións. Tamén vou pescar a miúdo e gústame camiñar polo monte. A miña película favorita e a Guerra das Galaxias.
Método de quecemento antes dun concerto:
Empezo cuns exercicios de estirada de todas as articulacións e músculos do corpo, logo axito todo o corpo coma un poseso mentres balbúceo (probádeo, e boísimo pra o estres), o cabo dun rato cando creo oportuno collo o “instrumento” e bótolle unha visual, de arriba a abaixo, de a dentro a fora, por diante o por detrás, logo solo facer algunhas escalas pra quentar os dedos e facer un breve repaso o resume dos temas; logo cerro os ollos, sinto a respiración e o palpitar do corazón e aparto todo o ruído e distracción ata que non oio nada mais, despois abro os ollos e a adrenalina faima estalar e poñer o meu corpo a viva chama, una especie de transo do cal non me coñezo nin eu mesmo; ao terminar a actuación vaise pasando pouco a pouco o efecto como dicindo que fago eu aquí, onde estou, quen son eses que están hai .......
Método de ensaio:
Solo practicar algunhas coreografías que en certas partes de algúns temas podamos darlle aínda mais forza se cabe, sobre todo intento pasalo ben e facelo o mellor posible, si unha cousa non me sae, intento una e outra vez, ata que saia inconscientemente, solo ser bastante perfeccionista dentro das miñas limitacións, encántame coller lo baixo pola punta e polo cu e facer a ra (unha postura sen patentar).
Traxectoria persoal:
Sempre gustoume a musica, pero foi a partir dos 18 anos,no servizo militar, cando me din de conta do que era unha guitarra eléctrica o pasar por diante da camareta dun compañeiro, dioooosssss como soaba iso!! Foi entón cando entroume o gusaniño do Heavy Metal. O volver da “mili” montamos cuns amigos o meu primeiro grupo, Murder King, grupo de rock duro de Vilagarcía no cal eu tocaba a guitarra rítmica durante tres anos, o grupo disolveuse por motivos laborais e desprazamentos xeográficos. Despois montamos con outra xente o grupo Pink Soda (Rock melódico) de Vilagarcía, no cal tamén fun guitarra rítmico, o cal desapareceu case polos mesmos motivos o cabo dun par de anos. Despois estiven durante aproximadamente cinco anos practicando so na casa e tocando nalgúns pub’s dinme a coñecer como Tony Guitar. A través dun amigo, coñecín a Meigha, e gustáronme moito, ao tempo, dixéronme que buscaban baixista, e coma eu facía de baixista no coro Candela de Cea, presenteime a proba, e aquí estou!!
Influencias musicais:
Aínda que me gusta moito o Heavy Metal, o Rock, e moitas das súas variantes, tamén son bastante heteroxéneo na musica que escoito, gustándome dende Silvio Rodríguez, pasando por Nat King Cole ata Jesus Adrián Romero, pero o meu estilo preferido, sempre foi, e, e sempre será, o Heavy Metal, destacando como un dos meus grupo preferidos a Iron Maiden, Dio ou Helloween; tamén estou aberto a escoitar o que considero algo un pouco mais forte como o Death Metal. Obituary, Slayer, Cannibal Corpse ou Behemoth son tamén algúns dos grupos que escoito.