top of page
patty meigha grupo heavy

PATTY (VOZ)

Lugar de nacemento e infancia : Vilanova, no concello de Vila de Cruces

 

Resido actualmente:Cornazo ,no concello de Vilagarcia de Arousa.

 

Horóscopos:Xeminis, Mono de metal Yan, Freixo” A ambición”.

 

Tatuaxe: unha estrela de cinco puntas na base do pescozo, na caluga.

 

Cores favoritas:
Branco, negro e violeta

 

Encántame:
Perderme nun libro, charlar e rir cos meus amigos, ver unha serie ou unha peli coa miña parella, cantar e xogar coas miñas fillas.

 

Método de traballo para cantar:
Quentar un pouco, falar moito, concentrarme en estar relaxada e deixar que pouco a pouco se vaia quentado a voz como un amplificador a válvulas. Practicar o que me ensinou a miña profesora de técnica vocal que se pode resumir en: ser feliz para poder cantar e aprender a aproveitar o aire. O mais difícil para min tecnicamente é xuntar dous estilos vocais como o melódico e o gutural, facelos fluír e pasar do un ao outro sen resentirme ou cansarme excesivamente, ademais de facer sentir cómodo ao oínte cos cambios e metelo no tema.

 

Método de traballo como letrista en Meigha:
Escoitar o tema a fondo, durante días, varias horas ao día, sacar unha melodía instintivamente sen decatarme despois de tanta escoita, probar esa melodía coa música e comezar co meu método de busca do tema en libros e internet, cando por fin teño claro toda a información comeza o mais laborioso, poñer letra a esa melodía e adecuar as palabras para que encaixen coma se fosen as pezas dun puzzle musical. Logo probar e ensaiar co grupo ata que nos convenza, gravar, escoitar, modificar... e xa temos un letra para o tema.

 

A miña traxectoria persoal:
Sempre me gustaron as palabras e a música, o son en se mesmo. Dende pequena na miña familia a música estivo sempre presente, na bonita voz da miña nai con cancións populares galegas ou no poderoso asubío do meu pai, a quen  lle encanta ir a calquera evento social e  musical. Medrei como as miñas irmás cantando e repetindo todo o que escoitaba e me gustaba, coa adolescencia chegaron aos meus oídos máis variedades musicais e ata hoxe sigo escoitando sempre cousas novas. Gústame o heavy metal, e hai unha infinidade de grupos que me gustan que non vou empezar a dicir, porque non remataría nunca, aínda que ten especial mención para min Judas Priest. Tamén  gustame moito outro tipo de correntes metaleras e gozo enormemente con moitos e bos grupos musicais como Arch enemy. Por outra parte síntome moi ligada ao rock e ao blues estranxeiro e nacional, ademais da música clásica. Para min a música como calquera arte, baséase en transmitir e compartir sentimentos, non me gusta poñer nin barreiras nin trabas ao que sento cando escoito unha melodía que me gusta.
Comecei aos 18 con Josse, a miña actual parella, a cantar nun conxunto chamado "D'tranquis" e dende entón seguimos xuntos, no proxecto "SDE" e o actual "Meigha". Participei en tres colaboracións, unha co grupo "Nao" co tema de Rosalia de castro "A xustiza pola man" , outra co grupo Raiba con "Fogar" no que participamos mais de 20 vocalistas galegos e nun directo con Darvulia pola ausencia do cantante.

 

O que espero do futuro:
Quero seguir cantando o que me gusta e facelo acompañada da xente que quero e respecto, seguir notando ese feeling cando sae un tema ben e poder mirarnos aos ollos e sentirnos ben sen mais. Seguir mostrando o que facemos a outra xente e que tamén o gocen e o sintan como algo seu, porque a música flúe e se realmente soa ben parece que sempre estivo dentro e só facia  falta que nolo recordasen como un deixa-vu emocional.
Tamén espero poder criar a nosas peques coa miña parella e gozar da familia e os amigos, con saúde e sorte, un abrazo para todos os seguidores e amigos de Meigha.

patty meigha grupo heavy
patty meigha grupo heavy
Facebook Meigha.Grupo
  • Facebook Classic
  • c-youtube
Canal YouTube Grupomeigha

© 2013 by Josse Meigha.  Proudly made by Meigha                                            SIGUENOS!!                                                Tel. contratacion: 639 64 43 87(Josse) 

bottom of page