top of page
myr meigha grupo heavy

MYR (GUITARRA)

myr meigha grupo heavy
myr meigha grupo heavy

Myr usa:

 

Guitarra ESP M-II 24 trastes pastillas EMG activas 81-85

Amplificador Randall

Efectos Boss

Cordas d'Addario

Puas Ultex 1.14

 

Guitarrista procedente de Pontevedra con domicilio en Santiago de Compostela.

 

Gústanme:

Os videoxogos, practicar guitarra, escoitar metal a toda zapatilla e son xogador de Jugger (un deporte, para os que non o coñezan). Son fan da lectura de fantasía, do bo cine de comedia e vexo series de moito tipo distinto (dende Anime ata O Equipo A).

 

Colores favoritos: Negro e vermello

 

Signo: Piscis

 

Método de quecemento:

Estiramentos de brazos, mans e dedos, durante 10/15 minutos antes de coller o instrumento. Ó coller a guitarra comezo con exercicios fáciles de menor a maior velocidade. Escalas sinxelas e sweeps de 3/4 cordas durante outros 10/15 minutos para deixar ben quentes os dedos da man esquerda. Algún riff rápido para que non se bloquee a man dereita durante outros 5 minutos e estamos preparados para tocar.

 

Método á hora de ensaiar:

Gústame harmonizar todo. Se podo facerlle unha voz a algún riff e queda ben dáme igual que sexa complicado, é polo ben da música. Josse e mais eu compenetrámonos moi ben nese aspecto porque os dous sabemos atopar o momento exacto onde meter o adorno, sexa slide, harmónico artificial ou simplemente un silencio que fai que o tema sexa brutal e a vos, os fans, se vos poñan os pelos de punta.

 

Traxectoria musical:

Comecei co piano con 6 anos nunha academia que tiña o lado da casa. Con 8 entrei no conservatorio e a falta de tempo fixo que os poucos anos deixara a academia para centrarme nos estudos oficiais. Estudei guitarra clásica nos conservatorios Manuel Quiroga de Pontevedra e Ataúlfo Argenta de Santander. Unha das materias que máis me aportaron foron tanto Harmonía como Fundamentos de Composición con profesor Antonio Noguera. De el saquei o gusto pola boa composición e a inquedanza por intentar sempre mellorar a música que fago. Comecei ca eléctrica os 14 anos pero non a collín en serio como solista ata pasados uns anos. Dende os 16 toquei con diferentes agrupacións: Sacha, Swords of Hell, Lethal Virus, Indomitos en Cantabria; From Hell, Rotten, La Florida, Angry Hands, Los Drakars en Pontevedra. Durante estes anos colaborei na produción de diferentes eventos musicais ca asociación pontevedresa Muxo Rock, contando ca axuda do concello pontevedrés en moitos deles.En outubro de 2011 fichei por Meigha, onde sigo e seguirei mentres o metal exista.

 

Influencias musicais:

O meu grupo favorito e Judas Priest, punto. Gústame escoitar todo tipo de música (considerando Música algo bastante cernido a súa definición). Escoito Bach, Wagner, Listz, Albéniz, Falla, recollo a habitación escoitando Bee Gees, Fundación Tony Manero, Boney M, practico teclado sobre temas con base de blues... Dentro do Metal o estilo que máis me tira é o clásico. Judas, Maiden, Manowar, Accept... tamén escoito Prog: Dream Theater, Transatlantic, Spock´s Beard... thrash, sinfónico, death, algo de black... Á hora de compoñer as influencias tamén son moi variadas. Para as rítmicas son moi de Jeff Waters (Annihilator), Dimebag Darrell (Pantera)... Para as solistas Vai, Malmsteen, Petrucci, Turilli... O meu guitarrista favorito e do que saco ideas para todo é Michael Romeo, de Symphony X (outro dos meus grupos favoritos).

 

A miña manía máis maniática... a afinación (XD)

Facebook Meigha.Grupo
  • Facebook Classic
  • c-youtube
Canal YouTube Grupomeigha

© 2013 by Josse Meigha.  Proudly made by Meigha                                            SIGUENOS!!                                                Tel. contratacion: 639 64 43 87(Josse) 

bottom of page